Domingo 6 de xuño de 2010, de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.
PROBAS A DISPUTAR (só individual e dobres)
Domingo: Individual Masculino e Feminino, Dobres Masculinos e Femininos e Dobres Mixtos.
SISTEMA DE XOGO
Os individuais disputáranse por grupos na 1ª Fase e por eliminatorias na Fase Final.
Todos os dobres disputáranse por eliminatorias.
PARTICIPACIÓN
Individual Masculino: 48 xogadores.
Individual Feminino: 32 xogadoras.
Dobres Masculinos: 24 parellas.
Dobres Femininos: 16 parellas.
Dobres Mixtos: 32 parellas.
Para seleccionar os participantes nas probas individuais e as de dobres se terá en conta o Ranking Infantil do Circuíto Galego.
A participación será para todos aqueles xogadores con licenza federada en vigor pertencentes á categoría Infantil ou inferior durante a tempada 2009/2010.
CABEZAS DE SERIE
Os cabezas de serie tomaranse tendo en conta (en todas as probas), o Ranking Galego Cadete.
SANCIÓNS
As incomparecencias ou abandono de xogadores na proba individual (sen causa xustificada) sancionarase con 30 € (a satisfacer polo seu club). No caso de non facer efectiva a devandita sanción, o xogador implicado quedará excluído das competicións que resten por disputar na tempada.
INSCRICIÓNS: Os equipos interesados en participar neste campionato deberán cubrir a Folla de Inscrición que se achega, e remitila á Secretaría da Federación Galega antes das 14,00 horas do día 11 de maio de 2010. Os clubs que recibiran a clave de acceso poderán facer a inscrición a través da sección FORMULARIOS desta páxina web. O que no dispoña da clave, realizará a inscrición da forma habitual ata agora. Para elo descargará e cubrirá o modelo que figura no ficheiro o pé desta circular, remitíndoa a Secretaría da Federación Galega
Notas:
O Comité de Actividades poderá variar algunha das normas anteriores, comunicándoo coa suficiente antelación.
Ver Circular 20 de la FGTM
Un saludo. Guille
Ver Circular 20 de la FGTM
Un saludo. Guille
No hay comentarios:
Publicar un comentario